jueves, 7 de enero de 2016

Pub Quiz de Nadal: un ano máis... grazas!

Este Nadal celebramos o VI Pub Quiz de Nadal da sección de Cangas.


Un ano máis, o pub quiz foi todo un éxito grazas á vosa participación e a colaboración de Fernando e o seu magnífico equipo do Hotel Airiños.


Como non podía ser doutro xeito, unha vez máis puidemos contar coa simpatía de Joe, o noso anfitrión especial.



Foi unha gran tarde de diversión na que vos puxemos a proba con preguntas ben divertidas...










E despois do quiz... sorteo da morea de agasallos que Fernando conseguiu para os participantes. 


Os agasallos estrela? Aquí os tedes!


Rosa foi a afortunada á que lle tocou a codiciada cafeteira.
 

E, por suposto, as persoas integrantes do equipo gañador do pub quiz deste ano recibiron de parte da sección de Cangas da EOI de Vigo un agasallo especialmente deseñado para eles.




E velaquí os merecidos gañadores...



Dende a escola tamén quixemos agradecer a colaboración de Fernando e Joe con estes agasallos. Sen eles o noso tradicional pub quiz non sería o mesmo. 

Moitas grazas a tod@s!



No hay comentarios:

Publicar un comentario