miércoles, 4 de diciembre de 2019

PUB QUIZ DE 2019

Como tódolos anos, celebraremos o pub quiz de Nadal antes de irnos de vacación. Será o xoves 19 de decembro ás 19.00, e o pub Salasón tén a amabilidade de cedernos o seu local para o evento. Moitas gracias a Henry!!

Ese día non haberá clase, así que estaremos contentos de vervos alí ás 19.00. Os menores, por favor, lembrade entregar o escrito que vos darán os vosos profesores na aula. Necesitamos ese papel firmado polos vosos pais, tanto se ides como se non ides ao Pub Quiz.

Os gañadores recibirán un pequeno agasallo, amabilidade da Librería "A Esmorga" de Cangas. Tamén, moitísimas gracias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario